Esta semana xa é a última e prácticamente me adiquei a tempo completo ás Xornadas. Creo que para 12 horas de xornadas, lle levo adicado dende febreiro unhas 120 horas. Deixo a continuación unha serie de enlaces sobre as mesmas:
Espazo na aula virtual do CFR de Pontevedra (ahí está todo, e se volcará todo).
Páxina de APEEGA. Segue funcionando e moi ben. (noraboa a Roberto Araujo).
Aparte das xornadas tamen estiven con un curso de artes gráficas. Aprendín moito sobre cartelería, e refórzome no uso do inkscape. É un programa con prestacións profesionais libre e gratuito. Con ese programa está feito a cartelería das xornadas.
Blog sobre actividades e aplicacións da asesoría de Formación Profesional
sábado, 7 de septiembre de 2013
miércoles, 7 de agosto de 2013
Xornadas de electricidade e electrónica 2013
Este é o proxecto máis reconfortante e persoal no que estou a traballar. As xornadas deste ano xa empezan a estar redondas e están a quedar moi interesantes.
Descargar:
Cartel en PDF
Díptico en PDF
Descargar:Cartel en PDF
Díptico en PDF
jueves, 30 de mayo de 2013
Foro de innovación tecnolóxica na automoción 2013
O pasado venres e sábado celebrouse en Sanxenxo o Foro de innovación tecnolóxica na automoción ao que asistiron máis de 60 profesionais da educación de toda Galicia. Pódese consultar toda a información na WEB de CFR de Pontevedra
Aprobado o Plan de Formación de FP 2013-2014
jueves, 9 de mayo de 2013
Alejandro Campo
Onte foi un largo e interesante día,
marcado por Alejandro
Campo. Dende a primeira vez que tiven a oportunidade de coñecelo
cando veu como relator ao curso de función directiva que eu
organizaba; quedou no meu recordo como unha persoa reflexiva, e dun
gran coñecemento da educación.
Dese primeiro encontro alá por
novembro de 2008 quédame o recordo da súa conversa durante a comida
no Manuel Antonio, e a resposta que deu a unha pregunta de Miguel –
Por que a na educación pública non se fai todo o que se debe para
que funcione correctamente?. A súa resposta despois dunha pausa
reflexiva foi -Porque os seus dirixentes non creen na ensinanza
pública. Creo que esta frase segue sendo válida hoxe en día e
condensa unha realidade máis complexa. Unha realidade que na miña
opinión vai máis aló. Gran parte da sociedade non cree na
ensinanza pública, moitos profesores non creen na ensinanza publica.
Por si todo isto non fose grave de abondo, creo incluso que a
sociedade ou os políticos españois non creen nin sequera na
educación como motor do cambio do pais. So isto pode explicar a
desidia e o desinterese que se pon á hora de tomar decisión de
calado e de futuro co sistema educativo español.
Onte Alejandro Campo participou nunha
sesión formativa para coordinadores de formación en Pontevedra; e
pola noite tiven a ocasión e o pracer de compartir uns viños e
unha agradable charla na praza do Teucro. Falamos de todo, e non
podía perder a ocasión para falar de educación. Contoume a súa
experiencia en Finlandia e o que máis lle sorprendeu da súa
visita.
A autonomía dos rapaces, que van sós
ao colexio dende distancias de ata cinco quilómetros, dende o
primeiro día de escola aos sete anos, e coa climatoloxía que todos
imaxinamos. A súa autonomía no centro, onde son eles os que se
responsabilizan do seu aprendizaxe e non esperan a que entre o
profesor para empezar as tarefas que teñen para o día.
O segundo factor que lle sorprendeu foi
a seriedade con que o país afrontou a gran crise que tiveron nos
oitenta. Apostaron forte pola sociedade do coñecemento e primaron a
educación como factor de cambio. Para entrar na facultade de
pedagoxía non é suficiente con ter as mellores notas, senón que
seleccionan a un dez por cento dos candidatos, e para facelo fíxanse
no expediente, pero moito máis nas súas aptitudes. So forman aos
mellores e aos que ofrecen garantías de ser bos profesores. Non
están moito mellor pagados os profesores, pero si gozan de gran
autonomía e prestixio social. Claro que me sorprendeu que o director
dun colexio tiña dezaoito horas lectivas, e a parte de dirixir o
colexio, tamén decidía el as novas contratacións dos profesores.
miércoles, 24 de abril de 2013
Varios enlaces interesantes
Deixo hoxe uns interesantes enlaces relacionados con todo aquelo que motiva este BLOG:
- Simuladores de circuitos eléctricos para GNU/Linux.
- El mejor software para pizarras digitales: Sankoré.
- MIRIADA X. Plataforma de cursos de calidade abertos e gratuitos.
- Cuaderno intercultural. Recopilación de recursos TIC para a docencia.
- Edulibre. A fonte de información que une o software libre á educación.
jueves, 4 de abril de 2013
Enlaces de interese sobre Ubuntu
Vou abrir unha entrada nova con enlaces de interese que vou atopando sobre temas de administración de Ubuntu. Esta entrada ireina actualizando a medida que atope máis novas que me interesen persoalmente.
máis nas próximas semanas
- Uso de DNS e Debian. Entrada de Blog moi interesante sobre como configurar un DNS con Squeeze.
- Crear perfiles temporais en Chrome, ou como abrir varias contas de gmail a vez. Este artigo é moi interesante, non so polo que describe, senón tamén que explica con un exemplo práctico como crear un scrip, e a súa colocación para se executado dende o escritorio ou dende o menú de aplicacións.
- Guía Ubuntu. Unha das mellores entradas do Blog Ubuntu & Software libre. Nesta entrada hai máis de 50 enlaces para usuarios noveles destá distribución. Creo que é moi útil. Neste mesmo blog podemos atopar outras guías similares pero non tan completas como son: Guia do software libre, Guía de Ubuntu Touch
máis nas próximas semanas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




