jueves, 30 de mayo de 2013

Foro de innovación tecnolóxica na automoción 2013



O pasado venres e sábado celebrouse en Sanxenxo o Foro de innovación tecnolóxica na automoción ao que asistiron máis de 60 profesionais da educación de toda Galicia. Pódese consultar toda a información na WEB de CFR de Pontevedra

Aprobado o Plan de Formación de FP 2013-2014

Está aprobado e a piques de publicarse o Plan de Formación de FP para o vindeiro curso. Os cursos comezan o día 1 de xullo de 2013, agás algunha excepción como son as Xornadas de Fabricación Mecánica que serán durante o mes de xuño.


jueves, 9 de mayo de 2013

Alejandro Campo

Onte foi un largo e interesante día, marcado por Alejandro Campo. Dende a primeira vez que tiven a oportunidade de coñecelo cando veu como relator ao curso de función directiva que eu organizaba; quedou no meu recordo como unha persoa reflexiva, e dun gran coñecemento da educación.
Dese primeiro encontro alá por novembro de 2008 quédame o recordo da súa conversa durante a comida no Manuel Antonio, e a resposta que deu a unha pregunta de Miguel – Por que a na educación pública non se fai todo o que se debe para que funcione correctamente?. A súa resposta despois dunha pausa reflexiva foi -Porque os seus dirixentes non creen na ensinanza pública. Creo que esta frase segue sendo válida hoxe en día e condensa unha realidade máis complexa. Unha realidade que na miña opinión vai máis aló. Gran parte da sociedade non cree na ensinanza pública, moitos profesores non creen na ensinanza publica. Por si todo isto non fose grave de abondo, creo incluso que a sociedade ou os políticos españois non creen nin sequera na educación como motor do cambio do pais. So isto pode explicar a desidia e o desinterese que se pon á hora de tomar decisión de calado e de futuro co sistema educativo español.
Onte Alejandro Campo participou nunha sesión formativa para coordinadores de formación en Pontevedra; e pola noite tiven a ocasión e o pracer de compartir uns viños e unha agradable charla na praza do Teucro. Falamos de todo, e non podía perder a ocasión para falar de educación. Contoume a súa experiencia en Finlandia e o que máis lle sorprendeu da súa visita.
A autonomía dos rapaces, que van sós ao colexio dende distancias de ata cinco quilómetros, dende o primeiro día de escola aos sete anos, e coa climatoloxía que todos imaxinamos. A súa autonomía no centro, onde son eles os que se responsabilizan do seu aprendizaxe e non esperan a que entre o profesor para empezar as tarefas que teñen para o día.
O segundo factor que lle sorprendeu foi a seriedade con que o país afrontou a gran crise que tiveron nos oitenta. Apostaron forte pola sociedade do coñecemento e primaron a educación como factor de cambio. Para entrar na facultade de pedagoxía non é suficiente con ter as mellores notas, senón que seleccionan a un dez por cento dos candidatos, e para facelo fíxanse no expediente, pero moito máis nas súas aptitudes. So forman aos mellores e aos que ofrecen garantías de ser bos profesores. Non están moito mellor pagados os profesores, pero si gozan de gran autonomía e prestixio social. Claro que me sorprendeu que o director dun colexio tiña dezaoito horas lectivas, e a parte de dirixir o colexio, tamén decidía el as novas contratacións dos profesores.