sábado, 7 de septiembre de 2013

Estamos inmersos nas Xornadas

Esta semana xa é a última e prácticamente me adiquei a tempo completo ás Xornadas.  Creo que para 12 horas de xornadas, lle levo adicado dende febreiro unhas 120 horas. Deixo a continuación unha serie de enlaces sobre as mesmas:

Espazo na aula virtual do CFR de Pontevedra (ahí está todo, e se volcará todo).
Páxina de APEEGA. Segue funcionando e moi ben. (noraboa a Roberto Araujo).

Aparte das xornadas tamen estiven con un curso de artes gráficas. Aprendín moito sobre cartelería, e refórzome no uso do inkscape. É un programa con prestacións profesionais libre e gratuito. Con ese programa está feito a cartelería das xornadas.

miércoles, 7 de agosto de 2013

Xornadas de electricidade e electrónica 2013

Este é o proxecto máis reconfortante e persoal no que estou a traballar. As xornadas deste ano xa empezan a estar redondas e están a quedar moi interesantes.
 Descargar:
Cartel en PDF
Díptico en PDF


jueves, 30 de mayo de 2013

Foro de innovación tecnolóxica na automoción 2013



O pasado venres e sábado celebrouse en Sanxenxo o Foro de innovación tecnolóxica na automoción ao que asistiron máis de 60 profesionais da educación de toda Galicia. Pódese consultar toda a información na WEB de CFR de Pontevedra

Aprobado o Plan de Formación de FP 2013-2014

Está aprobado e a piques de publicarse o Plan de Formación de FP para o vindeiro curso. Os cursos comezan o día 1 de xullo de 2013, agás algunha excepción como son as Xornadas de Fabricación Mecánica que serán durante o mes de xuño.


jueves, 9 de mayo de 2013

Alejandro Campo

Onte foi un largo e interesante día, marcado por Alejandro Campo. Dende a primeira vez que tiven a oportunidade de coñecelo cando veu como relator ao curso de función directiva que eu organizaba; quedou no meu recordo como unha persoa reflexiva, e dun gran coñecemento da educación.
Dese primeiro encontro alá por novembro de 2008 quédame o recordo da súa conversa durante a comida no Manuel Antonio, e a resposta que deu a unha pregunta de Miguel – Por que a na educación pública non se fai todo o que se debe para que funcione correctamente?. A súa resposta despois dunha pausa reflexiva foi -Porque os seus dirixentes non creen na ensinanza pública. Creo que esta frase segue sendo válida hoxe en día e condensa unha realidade máis complexa. Unha realidade que na miña opinión vai máis aló. Gran parte da sociedade non cree na ensinanza pública, moitos profesores non creen na ensinanza publica. Por si todo isto non fose grave de abondo, creo incluso que a sociedade ou os políticos españois non creen nin sequera na educación como motor do cambio do pais. So isto pode explicar a desidia e o desinterese que se pon á hora de tomar decisión de calado e de futuro co sistema educativo español.
Onte Alejandro Campo participou nunha sesión formativa para coordinadores de formación en Pontevedra; e pola noite tiven a ocasión e o pracer de compartir uns viños e unha agradable charla na praza do Teucro. Falamos de todo, e non podía perder a ocasión para falar de educación. Contoume a súa experiencia en Finlandia e o que máis lle sorprendeu da súa visita.
A autonomía dos rapaces, que van sós ao colexio dende distancias de ata cinco quilómetros, dende o primeiro día de escola aos sete anos, e coa climatoloxía que todos imaxinamos. A súa autonomía no centro, onde son eles os que se responsabilizan do seu aprendizaxe e non esperan a que entre o profesor para empezar as tarefas que teñen para o día.
O segundo factor que lle sorprendeu foi a seriedade con que o país afrontou a gran crise que tiveron nos oitenta. Apostaron forte pola sociedade do coñecemento e primaron a educación como factor de cambio. Para entrar na facultade de pedagoxía non é suficiente con ter as mellores notas, senón que seleccionan a un dez por cento dos candidatos, e para facelo fíxanse no expediente, pero moito máis nas súas aptitudes. So forman aos mellores e aos que ofrecen garantías de ser bos profesores. Non están moito mellor pagados os profesores, pero si gozan de gran autonomía e prestixio social. Claro que me sorprendeu que o director dun colexio tiña dezaoito horas lectivas, e a parte de dirixir o colexio, tamén decidía el as novas contratacións dos profesores.

jueves, 4 de abril de 2013

Enlaces de interese sobre Ubuntu

Vou abrir unha entrada nova con enlaces de interese que vou atopando sobre temas de administración de Ubuntu. Esta entrada ireina actualizando a medida que atope máis novas que me interesen persoalmente.

  • Uso de DNS e Debian. Entrada de Blog moi interesante sobre como configurar un DNS con Squeeze.
  • Crear perfiles temporais en Chrome, ou como abrir varias contas de gmail a vez.  Este artigo é moi interesante, non so polo que describe, senón tamén que explica con un exemplo práctico como crear un scrip, e a súa colocación para se executado dende o escritorio ou dende o menú de aplicacións.
  • Guía Ubuntu. Unha das mellores entradas do Blog Ubuntu & Software libre.  Nesta entrada hai máis de 50 enlaces para usuarios noveles destá distribución. Creo que é moi útil. Neste mesmo blog podemos atopar outras guías similares pero non tan completas como son: Guia do software libre, Guía de Ubuntu Touch

máis nas próximas semanas

miércoles, 27 de marzo de 2013

Aplicacions e complementos máis empregados


A  maior carga de traballo que teño é de xestión, e por tanto uso fundamentalmente un xestor de correos, un navegador de internet, un paquete ofimático e un explorador de arquivos. Todos estas aplicacións pódense empregar en Ubuntu con mellores resultados que en ningún outro sistema operativo. Esta apreciación está sacada da experiencia propia, debido a que traballo e traballei con Windows, Mac e Ubuntu.


En Nautilus é moi útil a dobre ventá que se abre con <F3>, e un complemento que permite redimensionar e rota imaxes dende o propio navegador:
sudo apt-get install nautilus-image-converter
Outro complemento útil é o de abrir unha ventana de terminal dende a carpeta Nautilus na que te atopes navegando, ao pulsar <F4>. Para isto hai que instalar o seguinte complemento: sudo add-apt-repository ppa:flozz/flozz && sudo apt-get update && sudo apt-get install nautilus-terminal

  

Co Firefox o máis importante e a función sync que me permite traballar con varios ordenadores á vez e totalmente sincronizados. Hai algúns complementos moi útiles como son o Lastpass e os dicionarios de Español e Galego.
  
O xestor de correo, de calendario, de contactos, de RSS é Thunderbird. Sen dúbida o mellor xestor de correo que hai. Os complementos que son imprescindibles son: Diccionario de Galego e de Español. Lightning, Google Contacts, Provedor de google.



 Por último co paquete ofimático Libre office aparte da configuranción que xa teño explicada noutra entrada, o complemento imprescindible é o que permite crear algúns fotográficos facilmente: Albun Photo ES

martes, 26 de marzo de 2013

Xornadas de electricidade e electrónica 2013


Oferta formativa das miñas familias profesionais

Xa teño unha proposta definitiva de cursos de formación das dúas familias profesionais que levo.
Podedes descargar un ficheiro PDF por cada unha delas onde se ve a oferta de ciclos formativos xunto coa previsión de asignación de cursos aos CFR.
  1. Fabricación mecánica
  2. Electricidade e electrónica

lunes, 25 de marzo de 2013

As miñas aplicacións en ubuntu

Listado de programas que máis emprego en Ubuntu

zZjRcps6EIafxpfHA8YhzmWNQ9qZpvWM0+SyI2CNVQPLCBHsPP1ZgWxDhDPt9NiHzMRIv6S19Gm1WjxyvHT3IFi+ecQIktHEinYjZzGaTGaWRZ9K2L8TYsGjRrK1UPIIio4kERPJ864YYpZBKDvaGpOusZzFYAirkCWm+sIjudGTm7gn/TPweHP4Gtu9a1oKuT/YiGDNykT+U0uTpnlnNW1T3X2v6/bdwXDWmcAbYtoRBBT8rTvJNdez0OQCFBGIjpTwbNum5NyPHE8gyqaU7jxI1LYckDfD/DOtRzgCMvk7A/TiX1lS6ql/L6ieQqkeucBYsJSpcgT08SMoM1kaPIsNy1URdvSl8wjLoG6xqVJtuIRVzkIlVORopK0xk6uGlT071LU1NaaQArfgYYINK8eyXNfzVE+eJC3d83z/3jXXrDG8gpCwew+X/B0wBSn2atd160xvh/b1w+5UJw9zbrW2aXmXozWmtzA+Wj4xp4LG3r8FjrEFyzZ2rF0rx4JLFJxqtF5nxwiGsQ1nWbfYttlP+1irP983Wd9Nfd/v8a8/Z+3cdFi7JuuJdSHWU4P17RvPfx/kEdzfY7jpepxtmRjsS7mcbXJ44OkwOEyvyeHG4PD81RsEhtk1MbgGhoXAPMDdEFD0BeP/CsWPAsT34JdKSugqZgFlQPXQJ1GCJ/b6RKg7utE3UtKKPylzE7+qqrGkjiF1lGMUMWkRVlmCLCqakUfCt60Va/pXpjp1rhdwqNoi+yHpZy5kyRSP+cHduriLDu/Xpju5pgZe8S2nx+IM99nwuF8wwPVwNw/7nXHYW4md9VQB2/4vx34yvV4IPOeNvgDweQKrfRZ+ePYLLEUIa/JBGGdAVnzKlZU9ckB/TVYoe4KitkIz0N3JTpTkXQ9tgtugPLQvI7umh/a8lDxhGuB+GG55zQSl5+XghWcwiGv5gl5icjAT1i/03hyq184hOMUlcxQThpm1LhcUlKxHjIZxRC6YWpyL3I8YUMRVECDijJ4eZvUKxIdxXOUUKd8WuJY6jqe1odrK0URzO443Mn0XvN3BBe9L3pp/kNat9oWENGDhtg//KaeLMCzGMWKcwDjEtFHKVPGgIv3bt99+uvNvc5gvHpYv7ObT0t9CJOzlTzt+zpK3L9uVZX2+r+xpUalbuAzebdHwMsBLBoueLSLp9Hti3b31e69z/y8=

Historia rápida de Linux-Ubuntu


Para algunha das charlas que dei tiven que preparar unha breve e rápida historia do software libre na que se mencionasen conceptos básicos como: GNU, Linux, Ubuntu, KDE. Gnome, Unity.  pódese baixar aquí

Libro sobre ubuntu

Acaba de saír un libro guía do funcionamento gráfico de Ubuntu. O título é: corre linux corre.
Podese descargar en PDF. É unha guía completa do uso de Ubunto en modo gráfico

domingo, 24 de marzo de 2013

Documentos para desarrolladores

Materiales de IBM sobre Varios temas entre os que está Linux
IBM DeveloperWorks
Artigo da Wikipedia sobre a estructura de arquivos en ubuntu
enlace

Libre office

Libre office foi creado no ano 2010 a partir do proxecto Open office, ao quedar este estancado e en mans de Oracle. Esta aplicación é unha completa Suitte ofimática identica a Open Office e que compite con Microsoft office.

Podemos descargar a última versión en español no seguinte enlace: http://es.libreoffice.org/descarga/

Cada vez que se instala ou se actualiza o Libre office debemo configurar para sacarlle o máximo partido. Por experiencia eu sempre configuro o seguinte:
  1. Configurar os datos persoais.
  2. Configurar o idioma por defecto.
  3. Configurar "personas" e elixir un fondo.
  4. Configurar o correo electrónico /usr/bin/thunderbird
  5. Configurar o directorio de Plantillas como único /Dropbox/plantillas

domingo, 10 de febrero de 2013

Comezando

Este blog trata de ser un recopilatorio de noticias, trucos, pensamentos e consellos útiles para min e calquera outro a quen lle poida interesar. As miñas áreas de interese son: Informática, Linux, Ubuntu, Educación, Pedagoxía, Formación Profesional. Electrícidade e Electrónica, Redes de datos, VoIP...
Comezarei con unha serie de enlaces a páxinas que considero imprescindibles dende o punto de vista informáticos

  1. Web recopilatoria de fontes de texto onde se poden baixar e instalar libremente.  http://www.google.com/webfonts
  2. Mais colección de fontes para deseño http://designbeep.com/2012/10/17/a-collection-of-free-decorative-fonts-for-designers/
  3. Web para personalizar firefox.
     http://www.getpersonas.com/es/
  4. Repositorio ABALAR
    http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos
  5. Recursos online do MEC.
    http://formacionprofesorado.educacion.es/index.php/
  6. Recopilatorio sobre ferramentas para docentes
    http://www.cuadernointercultural.com/tic-tools/herramientas-de-autor-y-aplicaciones-gratuitas/
  7. Intef- Recursos formativos en Red para o profesorado
    http://formacionprofesorado.educacion.es/index.php/
  8. Reflexión sobre os cambios necesarios na educación
    http://www.dreig.eu/caparazon/2012/09/12/8-argumentos-neuroeducacione/
  9. Sabías que? Did You Know?
    http://www.youtube.com/watch?v=bJwHrsty5b8