lunes, 27 de febrero de 2017

REPOSITORIO DE CURSOS NO CFR DE PONTEVEDRA

A pasada semana mudou a estrutura da aula virtual do CFR de Pontevedra. Nesta aula virtual podedes atopar os materiais de todos os cursos de FP feitos en Pontevedra dende o curso 2012-2013. Tamén tedes un repositorio de todos os materiais xerados durante a formación en centros. Materiais que tamén se atopan dispoñibles na aplicación das programacións para FP.

A actual disposición da aula virtual faise por cursos académicos, e dentro deles por asesorías. Pero sabendo o título ou código dunha actividade podedes buscala no buscador de cursos.


http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrpontevedra/aulavirtual2/

viernes, 28 de octubre de 2016

PUBLICADA A CONVOCATORIA DE PFFP

Onte abriuse o prazo de preinscrición para os Proxectos de Formación específicos para o profesorado de Formación Profesional. O prazo de preinscrición está aberto en FPROFE ata o día 14 de novembro.