A maior carga de traballo que teño é de xestión, e por tanto uso fundamentalmente un xestor de correos, un navegador de internet, un paquete ofimático e un explorador de arquivos. Todos estas aplicacións pódense empregar en Ubuntu con mellores resultados que en ningún outro sistema operativo. Esta apreciación está sacada da experiencia propia, debido a que traballo e traballei con Windows, Mac e Ubuntu.
En Nautilus é moi útil a dobre ventá que se abre con <F3>, e un complemento que permite redimensionar e rota imaxes dende o propio navegador:
sudo apt-get
install nautilus-image-converter
Outro complemento útil é o de abrir unha ventana de terminal dende a carpeta Nautilus na que te atopes navegando, ao pulsar <F4>. Para isto hai que instalar o seguinte complemento: sudo
add-apt-repository ppa:flozz/flozz && sudo
apt-get update && sudo apt-get install nautilus-terminal
Co Firefox o máis importante e a función sync que me permite traballar con varios ordenadores á vez e totalmente sincronizados. Hai algúns complementos moi útiles como son o Lastpass e os dicionarios de Español e Galego.
O xestor de correo, de calendario, de contactos, de RSS é Thunderbird. Sen dúbida o mellor xestor de correo que hai. Os complementos que son imprescindibles son: Diccionario de Galego e de Español.
Lightning, Google Contacts, Provedor de google.
Por último co paquete ofimático Libre office aparte da configuranción que xa teño explicada noutra entrada, o complemento imprescindible é o que permite crear algúns fotográficos facilmente: Albun Photo ES